A cabana : ( Xogo de memoria) / Irimia Fernández Álvarez, Brazolinda
por Fernández Alvarez, Irimia
.
Tipo: Xogo de habilidade: deseños xeométricos
Contén folleto de instrucións do xogo.
Instruccións; 24 pezas de madeira (4 de cada tipo); 72 cartas (4 niveis de dificultade); 1 pulsador.
Imaxinade que sodes un grupo de exploradores nun día desapracible perdidos nun mangleiro, co seu chan anegado e tódolos animais e perigos que alí hai. A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible, pero que aguante enteira toda a noite...
O xogo consiste en reproducir a figura que saia na carta antes que os demais, debendo manterse dereita cando se toque o timbre para poder comprobala. Este xogo conta con cartas de 4 niveis de dificultade diferentes, co que poden mesturarse todas ou seleccionarse por niveis dependendo das idades e habilidades dos xogadores para que sexa unha partida máis compensada.